A MODA DUNHA NOVA ERA
Sara Meizoso e Noelia Antón Barro, 4ºA para Historia.
COCO CHANEL
(19.08.1883; Saumur, Francia - 10.01.1971; París, Francia.)
“Para ser irremplazable, uno debe buscar siempre ser diferente.”
Gabrielle Chanel, máis coñecida como Coco Chanel, foi unha diseñadora de alta costura francesa fundadora da marca Chanel. É a única diseñadora de moda que figura na lista das cen persoas máis influentes do século XX da revista Time.
Unha das diseñadoras máis recoñecidas da historia. Destacou por ser unha das máis innovadoras durante a 1ª Guerra Mundial, xa que produciu unha ruptura coa elegancia da Belle Époque e creou unha liña informal e cómoda. Consolidouse tamén como diseñadora de bolsos, perfumes, xoias… Entre as súas creacións destacan o seu traxe sastre femenino de tweed, que se convertiu nun icono da elegancia, o vestido Chanel negro, e o seu característico perfume Chanel Nº 5 mundialmente coñecido hoxe en día.
“Ha habido muchas duquesas de Westminster, Chanel hay una sola.”
Resumo da súa vida
Foi criada nun orfanato de monxas, era coñecida pola súa firme determinación, que aplicaba á vida profesional e social.
“Durante mi infancia sólo ansié ser amada. Todos los días pensaba en cómo quitarme la vida, aunque, en el fondo, ya estaba muerta. Sólo el orgullo me salvó.”
Coco Chanel
Acadou o éxito como empresaria e figura social na década de 1910. Mais a súa personalidade oportunista levouna á tomar decisións cuestionables que xeraron controversia e danaron a súa reputación, especialmente a súa colaboración coa Gestapo durante a ocupación alemana de Francia na Segunda Guerra Mundial.
Unha das súas misións a finais de 1943 era a de traer unha oferta de paz de parte da SS ao primeiro ministro británico Winston Churchill co obxetivo de rematar a guerra.
Tras a guerra, o seu vínculo amoroso cun oficial nazi e os rumores sobre a súa colaboración cos servizos de intelixencia alemáns afectaron seriamente á súa compañía e imaxe. Sen embargo, non foi culpada como colaboradora e logrou reabrir a súa empresa en 1954, tras o cal tivo un renovado éxito, especialmente nos EE.UU e no Reino Unido, ata a súa morte en 1971.
Legado
En 1915, a revista de moda Harper’s Bazaar comentou sobre os seus diseños:
“La mujer que no tiene al menos un Chanel está irremediablemente fuera de moda… En esta temporada el nombre de Chanel está en los labios de todas las compradoras.”
Con todo, isto a levou a impoñerse á moda ríxida de principios do S.XX e baixo a súa influencia quedaron fóra de moda os corsés, o cabelo longo, as faldas hobble… e instaurou outro estilo máis simple e innovador para as mulleres durante a Primeira Guerra Mundial. Introduxo prendas en blanco e negro, os cintos de cadea, as camisas de pescozo, xoias de fantasía…
Nos anos 20 foi considerada a personificación de “la nueva mujer” independente, sociable, recreativa e individualista e rapidamente se convertiu nun icono do estilo flapper.
Gabrielle Chanel finou o 10 de xaneiro de 1971 en París, deixando atrás creacións que perduraron no tempo e unha exitosa e longa vida como icono no mundo da moda.
MADELEINE VIONNET
(22.06.1876; Chilleurs-aux-Bois, Francia - 02.03.1975; París, Francia.)
"El vestido debe ser una segunda piel, lista para sonreír cuando el que lo lleva sonríe".
Madeleine Vionnet naceu o 22 de xunio de 1876 e foi unha diseñadora da alta costura francesa e unha das figuras máis influentes da historia da moda.
Comenzou como aprendiz de costureira con tan só 11 anos, e non foi ata o 1898 cando empezou a traballar cunha modista recoñecida. Traballou moito tempo durante 12 horas á semana e no 1912 fundou a súa propia “maison” en París.
A urxencia da I Guerra Mundial a obrigou a pechar as portas do seu negocio aínda que máis tarde volvería a rexurdir.
Era apodada ‘A Euclides da Moda’, en referencia ao matemático do siglo IV a.C, porque na gran parte das súas 12.ooo prendas, Vionnet baseábase nas repeticións de figuras xeométricas como o círculo, o triángulo, o cadrado e o rectángulo. Outros lle deron o sobrenome ‘a arquitecta da moda’ porque os seus vestidos proxectábanse coa precisión e rigor coa que se proxecta un edificio: empregaba un boneco de madeira de 80 centímetros de altura.
Vionnet construía os seus traxes directamente sobre o maniquí ou sobre o corpo da clienta, unha técnica que recibe o nome de “moulage”. Con isto, lograba que as prendas se adaptaran á silueta e non ao revés, e para que nada rompera a pureza das súas líneas, non empregaba: nin costuras, nin cremalleiras, nin botóns.
O seu éxito culminou, tras traballar con importantes diseñadores, e abriu as súas novas instalacións no 1923, na parisina, Avenue Montaigne, coñecida como ‘O templo da moda’.
O palacete onde se instalou a Maison Vionnet Etiqueta das súas prendas
A súa formación cultural sobre a cultura grega, aproveitando a súa residencia en Roma, aplicouna ás súas prendas coa intención de liberar o corpo da muller, cos seus drapeados e os seus vestidos fluidos e femininos con corte bies.
Unha das súas prendas inspirada nunha túnica grega Corte ao bies de Madeleine Vionnet
A chegada da II Guerra Mundial, en 1936, provocou o peche definitivo do seu negocio cando ela tiña 63 anos.
En 1952 fixo múltiples doazóns a un amigo historiador facendo posible a creación, en 1986, de O Mussé de la Mode et du Textile de París.
Madelaine faleceu o 2 de marzo de 1975 en París, deixando o seu nome, a súa creatividade e a súa masiva contribución aos amantes do estilo.
Comentarios
Publicar un comentario